Ditosos os normais,
eses seres estraños.
Este curso quixemos inaugurar o noso club cunha cita extraída da obra Iridium, porque ao igual que a literatura ás veces reflicte realidades, ideas e principios nos que nos vemos reflectidos, noutras ocasións enfróntanos a mundos alleos aos nosos, cando non contrapostos.
Os libros teñen o poder de conseguir que nos poñamos na pel dos demais e de que tomemos conciencia da multitude de condicionantes que inflúen no que cada un de nós somos. Quen le conta cun importante instrumento de achegamento á singularidade do ser humano.
Nas lecturas elixidas para este primeiro trimestre os protagonistas deben xestionar a súa realidade, ás veces adversa, ou ben crear unha alternativa máis satisfactoria ao que lles tocou vivir. Perseguen o que cada un de nós: acadar unha vida o máis plena posible.
En primeiro ciclo as obras elixidas son:
En segundo ciclo:
Tamén se propuxeron as seguintes obras para aquel alumnado que desexe lelas a maiores.
Sara, alumna de 2º, explicoulle a dinámica da actividade ao alumnado de 1º.
Para unha mellor comprensión da obra realizouse unha presentación do escritor Ray Bradbury e a súa obra.
O alumnado de 2º ciclo coa obra Iridium.
Dámoslles a benvida tanto aos integrantes que xa teñen camiño percorrido nesta actividade como a aquelas e aqueles que se incorporaron recentemente.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
(1).jpg)
.jpg)




.jpg)















